jueves, 9 de diciembre de 2010

Pirámide de poboación española

Pirámide de poboación española do ano 2006


Esta pirámide de poboación é unha pirámide "as de picas", dáselle este nome pola  forma que ten: arriba é estreita e vaise agrandando polo medio, pero abaixo volve a ser estreita.
A forma que ten a pirámide indica que a poboación española é unha poboación avellentada. Isto quere dicir que a esperanza de vida é moi alta e a natalidade é baixa. A poboación activa é numerosa, aínda que hai poucos nenos. Se a poboación ten unha alta esperanza de vida e unha baixa natalidade, isto abarca problemas como que aumente a idade de xubilación, porque necesítanse pagar máis impostos para medicinas, residencias de anciáns, centros de día, etc. Se non se aumenta a natalidade vai chegar un momento no que a poboación activa será moi baixa e a poboación inactiva demasiado alta en comparación. Isto quere dicir que uns poucos traballarán para moitos, e se xa hai unha baiza natalidade pola incorporación da muller ó mercado laboral, cando a poboación activa sexa baixa a fecundidade será máis baixa todavía.

Línea de tiempo de las etapas de ampliación de la Unión Europea

http://www.timerime.com/es/page/mi_timerime/739/?loginTry=1

lunes, 29 de noviembre de 2010

Ciclo da auga

O cliclo da auga:
  1. Evaporación: A calor provoca a evaporación da auga superficial.
  2. Condensación: O vapor de auga ascende. Ao facelo, arrefría e transfórmase en gotas de auga, o que dá lugar ás nubes.
  3. Precipitación: A auga das nubes cae en forma de chuvia, neve ou sarabia.
  4. Dúas terceiras partes da auga caída evapóranse, volvendo á atmosfera.
  5. Unha parte da auga precipitada discorrerá sobre a superficie terrestre ata chegar a un río, lago ou mar.
  6. Outra parte infiltrarase na terra. Alí, pode quedar embolsada formando depósitos de auga subterránea chamados acuíferos, ou fluír ata encontrar unha saída na superficie.

martes, 9 de noviembre de 2010

Mapa climatolóxico mundial

Resumen:
Na Terra distínguense cinco grandes zonas climáticas:
Os climas cálidos danse principalmente na zona intertropical.
  • O clima ecuatorial: temperaturas moi cálidas e abundantes precipitacións durante todo o ano.
  • O clima tropical: temperatutas moi cálidas pero as precipitación son menos abundantes e concéntranse en determinados meses.
  • O clima desértico: temperaturas moi altas e precipitacións moi escasas.
Os climas cálidos localízanse entre os trópicos e son círculos polares.
  • O clima mediterráneo: ten invernos suaves e veráns cálidos e secos.
  • O clima oceánico ou atlántico: ten temperaturas moi suaves e precipitacións abundantes durante todo o ano.
  • O clima continental: ten invernos moi fríos e veráns moi cálidos e húmidos.
Os climas fríos danse nas rexións polares e nas zonas de alta montaña.
  • O clima polar: ten as temperaturas máis baixas da Terra e as precipitacións son practicamente inexistentes.
  • O clima de alta montaña: presenta temperaturas moi frías e precipitacións elevadas, a miúdo en forma de neve durante o inverno.
 Mapa político de Europa
Mapa físico de Europa