jueves, 9 de diciembre de 2010

Pirámide de poboación española

Pirámide de poboación española do ano 2006


Esta pirámide de poboación é unha pirámide "as de picas", dáselle este nome pola  forma que ten: arriba é estreita e vaise agrandando polo medio, pero abaixo volve a ser estreita.
A forma que ten a pirámide indica que a poboación española é unha poboación avellentada. Isto quere dicir que a esperanza de vida é moi alta e a natalidade é baixa. A poboación activa é numerosa, aínda que hai poucos nenos. Se a poboación ten unha alta esperanza de vida e unha baixa natalidade, isto abarca problemas como que aumente a idade de xubilación, porque necesítanse pagar máis impostos para medicinas, residencias de anciáns, centros de día, etc. Se non se aumenta a natalidade vai chegar un momento no que a poboación activa será moi baixa e a poboación inactiva demasiado alta en comparación. Isto quere dicir que uns poucos traballarán para moitos, e se xa hai unha baiza natalidade pola incorporación da muller ó mercado laboral, cando a poboación activa sexa baixa a fecundidade será máis baixa todavía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario