Ciclo da auga
O cliclo da auga:
- Evaporación: A calor provoca a evaporación da auga superficial.
- Condensación: O vapor de auga ascende. Ao facelo, arrefría e transfórmase en gotas de auga, o que dá lugar ás nubes.
- Precipitación: A auga das nubes cae en forma de chuvia, neve ou sarabia.
- Dúas terceiras partes da auga caída evapóranse, volvendo á atmosfera.
- Unha parte da auga precipitada discorrerá sobre a superficie terrestre ata chegar a un río, lago ou mar.
- Outra parte infiltrarase na terra. Alí, pode quedar embolsada formando depósitos de auga subterránea chamados acuíferos, ou fluír ata encontrar unha saída na superficie.
No hay comentarios:
Publicar un comentario